O centro de atención a persoas maiores de Toeń é un centro de 30 prazas  próximo a cidade de Ourense. É un centro moi amplo con moitos espazos diáfanos .Ao caron do centro atópanse as piscinas  e o campo da festa, un espazo verde onde se pode sair a facer actividades ao aire libre.

Como o noso centro está situado moi próximo á Escola Infantil, e ao CEIP Saco e ARCE realizamos actividades interxeracionais con eles. As persoas usuarias que acuden diariamente  proceden do propio concello pero tamen de  diferentes puntos da comarca  como pode ser os concellos de Ourense, Barbadas, Catrelo de Miño....etc.

O noso equipo de traballo está composto por 2 PSX, 5 xerocultoras, 1traballadora social, 1psicólogo e enfermeira que itinera co centro de dia de Coles. E todas nós estamos comprometidas en facer que as persoas usuarias se sintan a gusto no centro formando  unha pequena gran familia.